Monday 29 de April de 2024

O centro social polivalente de Brión acollerá mañá sábado “Hoxe non se paga!!”, unha obra de Teatro Afeccionado Airiños


Teatro Afeccionado Airiños (Rianxo) representará mañá sábado 12 de novembro, ás 20:30 horas, no centro social polivalente de Brión a súa obra “Hoxe non se paga!!… e mañá xa veremos”, dirixida por Esther F. Carrodeguas. Unha comedia de 90 minutos de duración, cuxo acceso é libre e de balde, xa que se trata dunha actuación incluída no “Outono Cultural” e que está organizada polo Concello de Brión, en colaboración coa Deputación da Coruña.

“Hoxe non se paga!!” é unha peza que centra a súa temática nas dificultades da clase obreira para sobrevivir economicamente nunha situación de crise e inflación descontrolada. As protagonistas da obra, á vista da subida incontrolada dos prezos, deciden xunto con outras mulleres e homes non pagar no supermercado dado que os prezos non son xustos. Este suceso desencadea unha boa chea de situacións rocambolescas nas que interveñen personaxes a cada cal máis simpático e divertido que provocan escenas hilarantes.

Polo escenario brionés pasarán ata dezasete actores de Airiños: Ramona Fernández, Pablo García, Teresa Gey, Raquel Lodeiros, Lupe Mazariegos, Tino Miranda, Graciela Muñiz, Álvaro Ordóñez, Mucha Ordóñez, Raquel Ramos, Merchi R. Pimentel, Bautista Romero, Mari Santos, Xesús Santos, Ánxela Silva, Saro Varela e Segis Zúñiga